Despois de dous anos sen poder celebrarse pola Pandemia, todo preparado para que mañá xoves 10 de marzo a partir das 18:00 h dea comezo unha edición máis do SPANISH MASTERS SQUASH 2022, que se vai a celebrar no Squash Santiago con 120 xogadores, onde participarán xogadores de todo o mundo (Inglaterra, Alemaña, Sudáfrica, Irlanda, Francia, Portugal …) ata un total de 15 nacionalidades diferentes.
O Squash Santiago organiza por cuarta vez nas instalacións de Milladoiro, o torneo do Circuito Masters Europeo, circuíto que comezou hai 7 anos no que participan xogadores de primeiro nivel nas categorías de veteranos.