O 12 de xullo é o último día para confirmar a matrícula da EMMA para o curso 2017/2018

O prazo de confirmación de matrícula para o curso 2017-2018 na EMMA remata o 12 de xullo.

590

As aulas da EMMA comezarán en setembro no Edificio Multiusos de Aldea Nova

O vindeiro 12 de xullo remata o prazo de confirmación de matrícula para o curso 2017-2018 na EMMA. Así, todas aquelas nenas e nenos que obtiveron praza, no sorte público realizado o pasado 26 de xuño, deberán presentar a documentación que aínda lles falta por aportar. 

As aulas da EMMA comezarán en setembro no Edificio Multiusos de Aldea Nova. O venres, día 15 de setembro, celebrarase unha reunión de inicio de aulas, ás 20:00 horas no Edificio Multiusos. Porén, as aulas non se retomarán ata a semana a seguir, o día luns 18 de setembro.

O día do concerto de fin de curso da EMMA, o programa “A mellor empanada do mundo” da TVG veu coñecer ao seu alumando. Desta maneira, foron gravados tanto os preparativos, coma a actuación e a merendola de despois, que se realizou o pasado 21 de xuño na Casa da Cultura do Milladoiro.

O concelleiro de Cultura, David Santomil, expresouse agradecido coa Televisión de Galicia por ter recollido o festival de fin de curso da escola: “O Concello agradece á Televisión de Galicia que pensase no noso concello para pór en valor o traballo que desenvolve ao longo do curso a EMMA. Ademais, este ano, a escola presentou un proxecto didáctico moi interesante para a actuación de fin de curso, xa que este xiraba arredor dun conto inventado polo profesorado e o alumnado do propio centro”.