Conciliación, loita contra a violencia machista e empoderamento das mulleres centran os programas de Igualdade da Deputación da Coruña

0
98

A área de Igualdade da Deputación da Coruña apoia os programas de actividades de asociacións que traballan pola igualdade cun orzamentos de 437.574 €. Máis de corenta entidades se benefician desta liña de axuda coa que se desenvolven fundamentalmente accións de conciliación, de loita contra a violencia machista e empoderamento das mulleres. 

Con achegas que van até máis de 27.000 €, a área de Igualdade da Deputación da Coruña apoia a actividade que realizan máis de corenta entidades que traballan pola igualdade das mulleres e contra a violencia machista. Nesta edición da liña de axudas convocada pola área que dirixe a deputada María Muíño,os programas presentados foron fundamentalmente os dirixidos a promover a conciliación da vida laboral e familiar, o empoderamento das mulleres e as distintas accións de prevención contra a violencia machista. 

Ademais, dez programas dos que reciben subvención da Deputación, teñen como obxectivo accións destinadas ás mulleres do ámbito rural para promocionar a súa participación social, o fomento do emprego ou apoio a coidadoras. 

“Para a área de Igualdade da Deputación da Coruña esta liña de axudas é un eixo central da nosa acción porque con ela estase apoiando programas de grande interese social, que chegan a moitas mulleres e contribúen a dar pasos adiante na igualdade e tamén na prevención e eliminación da violencia machista”, sinala a deputada de Igualdade, María Muíño. 

Neste sentido, fai especial fincapé nos programas destinados a eliminar o feminicidio e o machismo con iniciativas que desenvolven as entidades e supoñen avanzar na concienciación e sensibilización contra a violencia. “Xunto con outras accións nas que traballamos directamente desde a área de Igualdade da Deputación da Coruña a través dos nosos propios programas, a colaboración coas asociacións é fundamental para un dos eixos fundamentais do noso traballo porque é tamén unha urxencia na que nos temos que comprometer non só as institucións senón a sociedade no seu conxunto”, apunta María Muíño. 

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here