A través da aprobación deste plan establécese un calendario de subvencións polo que se vai a rexer o Concello os anos 2017, 2018 e 2019
O goberno municipal aprobou no pleno do pasado luns, 29 de maio, co apoio dos concelleiros e concelleiras do grupo municipal de Ames Novo o plan estratéxico de subvencións para o exercicio 2017, 2018 e 2019. Os edís do grupo municipal popular, Pacto por Ames e do concelleiro non adscrito, Javier López, abstivéronse. Para este plan habilitouse dentro do orzamento unha partida de 653.018,55 euros, que supón un incremento de 263.245 euros (un 68%) respecto ao exercicio 2016. Ademais, recóllense novas liñas de axudas como son a da renda social municipal; para eventos comerciais e de promoción ao comercio; para actividades de promoción social; e para a mellora de infravivenda e da accesibilidade.
O goberno municipal, co apoio de Ames Novo, aprobou o plan estratéxico de subvencións de 2017, 2018 e 2019, que recollerá os obxectivos e os efectos que se pretenden coa aplicación e dito plan, o prazo necesario para a súa consecución, os custes previsibles, e as súas fontes de financiamento. Conforme á lexislación vixente era preciso aprobar dito plan. A través da aprobación deste plan establécese un calendario de subvencións polo que se vai a rexer o Concello os anos 2017, 2018 e 2019. Este plan ten un carácter estratéxico e programático. Estas axudas quedarán supeditadas a criterios obxectivos, que se reflectirán nas bases que se publicarán.
Para este plan habilitouse dentro do orzamento unha partida e 653.018,55 euros, que supón un incremento de 263.245 euros respecto ao exercicio 2016
A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, destacou que “por primeira vez no Concello de Ames elaborouse e aprobouse o Plan Estratéxico de Subvencións para o 2017-2018-2019 dando cumprimento a unha obriga que xa existía desde o 2003 e que está recollida no artigo 8.1 da Lei Xeral de Subvencións do 38/2003, de 17 de novembro. O goberno segue a traballar día a día mellorando a xestión, ampliando as axudas ás distintas entidades e cumprindo coas leis, así como regularizando situacións irregulares ás que os gobernos anteriores non deron resposta”.
Para este plan habilitouse dentro do orzamento unha partida e 653.018,55 euros, que supón un incremento de 263.245 euros (un 68%) respecto ao exercicio 2016. Ademais, recóllense novas liñas de axudas como son a da renda social municipal, que conta cun orzamento de 121.375 euros (increméntase en 91.375 a contía para esta axuda); para eventos comerciais e de promoción ao comercio que dispón de 30.000 euros; para actividades de promoción social con 40.531,73 euros (increméntase en 28.531 euros á contía destinada a entidades sociais); e para a mellora de infravivenda e da accesibilidade cunha partida de 40.000 euros.