800 maiores asistiron ao Xantar de Entroido organizado polo Concello

O ambiente festivo e de entroido foi o predominante no cocido dos maiores de Ames, que se celebrou este martes de Entroido no pavillón municipal do Milladoiro. A festa, á que asistiron arredor de 800 persoas, deu comezo ás 14:00 horas coa entrada dos camareiros e camareiras que repartiron o cocido por todas as mesas habilitadas. Antes de comezar o xantar o alcalde de Ames, Blas García, dedicou unhas palabras de agradecemento a todas as persoas que asistiron á festa dos maiores.

O rexedor municipal dixo “os maiores son unha parte esencial da nosa sociedade. O martes de entroido no concello de Ames será sempre o seu día e, este cocido, unha forma de agasallalos e recoñecer toda unha vida de esforzo. Este é un día para que desfruten e o pasen en grande”.

Trala comida houbo moita diversión e música a cargo do dúo Matices que amenizaron a festa coa súa música de sempre. Uns clásicos coñecidos por todos e todas que fixeron bailar e cantar a todos/as os/as nosos/as maiores. Tamén se sortearon tres cestas con produtos de entroido entre os asistentes. Ademais, premiouse aos tres mellores disfraces con outras tres cestas de produtos de entroido.  

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *