Éxito total do Millaraio no campionato provincial de atletismo en pista

Ao final da xornada o MillaRaio logrou 10 campionatos provinciais, 12 medallas de prata e 10 bronces que supoñen a mellor participación do club nestes campionatos.

813
SAMSUNG CSC

O club de atletismo MillaRaio participou no campionato cun total de 46 atletas, que se alzaron con 32 medallas

O club de atletismo MillaRaio continúa conseguindo éxitos. Nesta ocasión, no campionato provincial de atletismo en pista que se disputou o pasado sábado na Pobra do Caramiñal. Neste campionato participaron 46 atletas do club amesán, que conseguiron 32 medallas (10 medallas de ouro, 12 de prata e 10 de bronce).

O pasado sábado, 20 de maio, tivo lugar nas pistas da Pobra do Caramiñal o campionato provincial de atletismo en pista para as categorías benxamín, alevín e infantil. O club de atletismo MillaRaio participou neste campionato cun total de 46 atletas, que se alzaron con 32 medallas.

Ao final da xornada o MillaRaio logrou 10 campionatos provinciais, 12 medallas de prata e 10 bronces que supoñen a mellor participación do club nestes campionatos. Hai que destacar a gran variedade de probas nas que se conseguiu medallas, cubrindo todas as disciplinas atléticas desde lanzamentos a velocidade, pasando polo fondo, os saltos verticais e horizontais e a marcha.