Na final impúxose a Francia por 2-3, proclamándose campioa da Eurocopa
A selección española feminina sub 19 logrou gañar o campionato de Europa, que se estivo disputando dende o pasado 8 de agosto en Irlanda do Norte. Entre as xogadoras seleccionadas polo seleccionador nacional, Pedro López, atopábase a xogadora amesá do Real Club Deportivo da Coruña SAD, Nuria Rábano Blanco, que disputou a súa primeira fase final dun Europeo.
Nuria Rábano disputou os dous primeiros partidos da fase de grupos ante a selección anfitrioa, Irlanda do Norte, e contra o combinado de Alemaña. A dianteira amesá tivo o infortunio de lesionarse no segundo encontro da fase de grupos, polo que non puido disputar os tres últimos partidos da fase final do Europeo. Na fase de grupos a selección española gañou dous partidos contra Irlanda do Norte e Escocia e perdeu contra Alemaña. Deste xeito, clasificouse para semifinais onde lle gañou a Holanda.
Na final impúxose a Francia por 2-3, proclamándose campioa da Eurocopa. Trátase do segundo título de Europa nesta categoría para la selección española, que xa logrou este mesmo torneo en 2004. Ademais, ao quedar entre as catro mellores do Europeo, a selección española clasificouse de xeito directo para disputar en 2018 o mundial sub-19 en Francia.