A amesá Paula Blanco consegue o seu sétimo título de campioa de España en kickboxing

128

Guadalajara acolleu a comezos de mes o Campionato de España sénior de kickboxing 2023, no que a amesá Paula Blanco, como integrante da selección galega, acadou un ouro e o seu sétimo título de campioa de España. Nesta ocasión participou na categoria de light contact sénior 55 kg, revalidando por terceiro ano consecutivo o seu posto na categoría.

Na semifinal enfrontouse, en tres duros asaltos, á representante vasca. Na final loitou cunha representante andaluza, gañando o combate poucos segundos antes de que se esgotase o tempo. Contando esta edición 2023, a amesá suma xa oito anos representando a Galicia nos campionatos de España, sete deles proclamándose campioa. Así, Blanco alzouse co ouro na competición junior de pointfighting -55 qilogramos en 2016, na senior light contact -60 quilogramos no 2019; así como nas senior light contact -55 quilogramos de 2019 e 2021 e 2022 (título que revalida neste 2023). Así mesmo, na modalidade de poinfighting -55 quilogramos fíxose co primeiro posto do campionato de España nos anos 2021 e 2022.