A soprano amesá Rosalía Cid, do Milladoiro, abrirá a tempada de ópera de La Scala de Milán o vindeiro mes de decembro. Será a segunda ocasión en que unha soprano española o faga. O teatro alla Scala de Milán é un dos grandes centros da lírica mundial.
A artista interpretará entre o 7 de decembro e o 2 de xaneiro a Voz do ceo nunha produción do Don Carlo de Verdi. Anteriormente, Cid cantou no Festival Donizetti de Bérgamo, o Maggio Fiorentino e o Festival Valle d’Itria. O seu debut en La Scalla foi en xuño de 2022.