A apertura da piscina descuberta do Milladoiro, adiada uns días

199

A Concellaría de Deportes informou de que se atrasa uns días a apertura da piscina municipal descuberta do Milladoiro polas obras de reparación e mantemento en marcha. Prevese a apertura para o luns 26 de xuño. As obras de mellora inclúen a colocación dun novo valado, un novo sistema de filtrado e depuración, e a impermeabilización das piscinas.