A Aula da Natureza organiza o 3 de febreiro un obradoiro de máscaras de Entroido

106

A Aula da Natureza organiza o vindeiro sábado, 3 de febreiro, un obradoiro de creación da máscaras de Entroido con materiais naturais. Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos, e realizarase en horario de 11:00 a 17:30 horas nas instalacións da Aula da Natureza, no lugar de Quintáns (Ameixenda).  Para inscribirse é preciso enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal, antes do venres 2 de febreiro ás 14:00 horas. 

O obradoiro contará cun servizo de autobús