A biblioteca municipal do Milladoiro acolle o martes a presentación de ‘Mireia conta que é o dano cerebral adquirido’ con Pepe Carreiro

109

O mes de outubro está cheo de actividades para conmemorar o Día nacional do Dano Cerebral, que se conmemora o 26 de outubro. Este ano, tamén para nenas e nenos, que poderán coñecer mellor o dano cerebral adquirido grazas a Os Bolechas. E é que a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) editou, coa axuda destes coñecidos personaxes, a guía ‘Mireia conta que é o dano cerebral adquirido’. Trátase dunha nova guía ‘Os Bolechas’ conta ás nenas e nenos como é a nosa discapacidade e cales son as súas causas.