A brigada do programa Aprol acondicionou 18 quilómetros de camiños en 9 meses

220

A brigada Aprol Rural do Concello de Ames vén de presentar os resultados dos traballos realizados ao longo da duración deste programa de fomento do emprego, uns nove meses nos que as dúas persoas que conformaron este equipo actuaron nas parroquias de Piñeiro, Ortoño, A Ameixenda, Lens e Tapia, acondicionando camiños e revisando leiras situadas nas faixas secundarias de seguridade contra o lume, como parte do plan de prevención de incendios forestais amesán.En total, a brigada acondicionou uns 17,88 quilómetros lineais de camiños e accesos nestas parroquias, tratando unha superficie total de 5,88 hectáreas. 

Estes resultados foron presentados co remate do programa polos dous traballadores da brigada Aprol, Javier Pérez e Alberto Ochoa, nunha xuntanza co alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Lens.