A choiva obriga a adiar as actividades da Semana da Mobilidade

123

O Concello de Ames informou de que, debido á previsión de choiva para os días 16 e 17 de setembro, decidiu adiar as actividades da Semana Europea da Mobilidade. Deste xeito, o venres 22 haberá unha marcha ciclista nocturna, o sábado 23 realizaranse xogos populares, e o domingo 24 farase unha andaina pola senda verde. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal. Este é a quinta edición desta iniciativa que promove a mobilidade activa, o transporte público e outros medios limpos e intelixentes.