A cohesión territorial e o Mercado de Proximidade como referencias da Axenda Urbana

48

O alcalde, Blas García, tamén concelleiro de Axenda Urbana, foi o encargado da benvida institucional da presentación do documento, á que tamén foi convidado o ex-concelleiro da área, David Santomil, para falar dos fundamentos da Axenda Urbana. O acto contou tamén co arquitecto Jorge Duarte, que presentou o proxecto de construción do Mercado municipal de abastos de Ames, recollido neste documento estratéxico. Trátase dunha actuaión multifuncional coas sostibilidade e a multifuncionalidade como pegada característica, e que pretende mellorar o uso público dos aparcamentos e da Casa Barbazán, de donde partirán as instalacións do Mercado de Abastos que contará con oito postos, de verduras e froitas de proximidade, artesanato, peixes e carnes.

Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia, Rosa Ana García, deputada de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente da Deputación da Coruña e María Begoña Freire, directora territorial da Coruña da Consellería de Vivenda e Planificación de Industrias da Xunta de Galicia, acompañaron ao rexedor, Blas García, no peche institucional do acto e ostentaron a representación dos Goberno de España, Galicia e da  provincia da Coruña.

O delegado puxo en relevancia o bo aproveitamento por parte de Ames dos fondos do Plan de Recuperación e os esforzos da Administración local por “facer de Ames un concello para as persoas; acolledor, saudable, sostible e participativo; nun lugar da xente, para a xente”. Pola súa parte a deputada provincial, Rosa Ana García, parabenizou ao rexedor e ao equipo de goberno por sacar adiante un documento que fará que o municipio “medre con sentido e na dirección correcta”. 

O rexedor tamén defendeu que Ames é o único Concello que medra porque ten políticas únicas, “as persoas están sempre no centro das políticas e a elaboración deste documento é o mellor exemplo” finalizou o rexedor.