A cultura e o deporte chegan a internet

303

O Concello de Ames vén de implantar a plataforma web Cronos, que se pode empregar para a reserva de pistas deportivas (tenis e pádel), así como para a tramitación das inscricións nas Escolas deportivas e culturais. A dita plataforma pódese acceder a través dun banner que está colocado na cabeceira da web municipal. A plataforma Cronos, que está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do eixo 12 do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014/2020, enmárcase dentro do Plan Impulsa Ames da EDUSI. Para dar a coñecer dita aplicación web vaise organizar o vindeiro luns, 21 de decembro, ás 19.00 horas, unha xornada telemática que é aberta a toda a veciñanza que queira participar, así como ás entidades culturais e deportivas. Pódese participar no webinar a través dunha canle de youtube.