A Deputación da Coruña aproba un orzamento de  222  millóns de euros para 2024 con fortes incrementos na área social e no emprego, aínda que o Plan Único segue a ser o principal programa de investimentos

115

A Deputación da Coruña contará en 2024 cun orzamento de 222.151.200 euros, o máis alto da historia da institución e un 7,2 % superior ao do actual exercicio. 

O orzamento foi aprobado no pleno do día 24 cos 17 votos favorables de PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños e o voto en contra dos 14 deputados e deputadas do Partido Popular.

O Plan Único parte con 50,5 millóns en 2024

Ademáis dos orzamentos, o pleno de hoxe aprobou por unanimidade as bases e a primeira achega do Plan Único para 2024, que se incrementa a súa partida inicial nun 10% respecto ao presente ano, chegando aos 50,5 millóns de euros. Unha cantidade que, como todos os anos, irá incrementándose ao longo do exercicio para chegar, a finais de ano, a entre 90 e 100 millóns de euros de investimento nos concellos coruñeses.

“Os concellos reciben ata catro veces máis fondos da Deputación e teñen total liberdade para decidir en que os invisten”, sinalou o presidente, Valentín González Formoso, que considerou que este modelo acaba cos plans finalistas nos que a Deputación marcaba aos concellos en que investir os fondos.

PEL

O Plan de Emprego Local (PEL) incrementa tamén o seu orzamento en 2024 ata os 16 millóns de euros (un 24,1% máis). 

Este incremento no orzamento permitirá reforzar programas de contratación de persoal en empresas e concellos e apoio ao emprendemento, pero ademáis, o PEL apostará en 2024 por potenciar sectores estratéxicos como a biotecnoloxía, a economía circular ou o sector audiovisual, coa construción de Coruña Estudo Inmersivo (CEI), o maior estudo audiovisual virtual de España, que se ubicará na Cidade das TIC. Coruña Estudo Inmersivo (CEI) supón un investimento de 8,6 millóns de euros, cofinanciado con fondos do Plan de Recuperación do Goberno de España no marco do proxecto “España, Hub audiovisual de Europa”. A Deputación adxudicou o pasado agosto a Telefónica o desenvolmento da tecnoloxía por 6,1 millóns de euros e vén ten en licitación a construcción do edificio que albergará o CEI por 2,5 millóns de euros.

Política Social e apoio ao Rural 

No área de Política Social, a Deputación incrementa este ano o seu orzamento ata os 24,3 millóns de euros (+6,5 %). Os orzamentos inclúen un novo incremento de 100.000 euros para ao programa de Servizos Sociais Comunitarios, que durante o mandato de Valentín González Formoso pasou de 4 millóns a 8,7 millóns de euros anuais, o que permite a contratación de 179 profesionais do ámbito social nos concellos de menos de 20.000 habitantes e o financiamento de 411.000 horas de servizo de axuda no fogar.

A aposta polo desenvolvemento do rural é tamén un eixo transversal da acción da Deputación da Coruña. A nova área de Mar, Agro e Medio Rural creada neste mandato disporá en 2024 dun orzamento de 8,9 millóns de euros, entre os que destacan os 661.000 € (+29%) destinados a axudas a confrarías de pescadores e mariscadores/as da provincia, os 818.000 € (+33%) para fomento agrícola e gandeiro ou o 1,3 millóns que se destinarán a promoción de produtos locais, artesanía e comercio.

Outras áreas 

A área de Cultura incrementa este ano o seu orzamento nun 11,3 % ata os 11.451.4000 euros, con programas como a Rede Cultural, o maior circuito estable de actuacións ao vivo de Galicia, con 2,3 M€ de orzamento ou os 3,6 M€ que a Deputación destina a apoiar ás entidades culturais da provincia nas súas actividades e investimentos.

A área de Deporte contará con 6,6 millóns de orzamento con programas que inclúen 4 millóns de euros para apoiar a máis de 655 entidades deportivas na súa labor de promoción do deporte de base, 1 millón de euros para contratar técnicos de Deportes nos concellos máis pequenos da provincia e bolsas para deportistas, que este ano se incrementan de 45 a 52, cun orzamento de 182.000 €.

A rede provincial de estradas que xestiona a Deputación da Coruña conta con 2.100 quilómetros de lonxitude. O orzamento do departamento de Vías e Obras sobe en 2024 un 20% ata os 23,3 millóns de euros. Deles, 12,6 millóns destínanse a conservación, 2,1 M€ a investimentos, 4M€ a obras urxentes e mantemento e 1,3 M€ a obras de mellora das estradas que se transfiran aos concellos. 

mobilidade sostible seguirá sendo tamén un dos eixes de acción da Deputación da Coruña, que no anterior mandato puxo en marcha 130 novos quilómetros de vías ciclistas en 19 concellos da provincia, entre elas os da Senda ZEC, que bordea o encoro de Cecebre ou a Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, a maior Vía Verde de Galicia.

No vindeiro ano, acometerase o tramo da Vía Verde entre Oroso e Santiago e consígnanse 500.000 euros para iniciar un ambicioso proxecto que será realidade antes de 2027, levar a Vía Verde ata Culleredo, co obxectivo de que en poucos anos se poda percorrer a distancia que separa A Coruña e Santiago a través das vías ciclistas da Deputación. 

O orzamento da área de Turismo alcanza en 2024 os 6,3 millóns de euros. Un investimento que inlcúe o desenvolvemento dos Plans de Sustentabilidade Turística (PSTD) de Cabo Ortegal, Fragas do Eume, Fogóns do Anllóns ,Vía Verde e Baterías de Costa de Ferrolterra, que suman máis de 4 millóns de euros. 

 Plan Único 2024
Comarca da Coruña
ConcelloPOS+ /2024 (POS+ Social)TOTAL
(A)(B)(A+B)
Abegondo475.200,7876.469,09551.669,87
Aranga379.630,0261.089,89440.719,91
Arteixo1.076.890,10173.292,661.250.182,76
Bergondo349.975,5756.317,91406.293,48
Betanzos434.117,2769.857,95503.975,22
Cambre748.880,54120.509,51869.390,05
Carral355.913,8057.273,49413.187,29
Coirós216.096,7834.774,19250.870,97
Coruña (A)181.870,1329.266,46211.136,59
Culleredo923.252,65148.569,391.071.822,04
Curtis410.783,3066.103,06476.886,36
Irixoa269.952,4843.440,63313.393,11
Miño337.222,5354.265,69391.488,22
Oleiros1.009.097,48162.383,501.171.480,98
Oza-Cesuras683.328,45109.960,90793.289,35
Paderne254.370,0040.933,10295.303,10
Sada526.773,5884.768,16611.541,74
Sobrado409.918,7965.963,94475.882,73
Vilasantar254.351,9440.930,20295.282,14
TOTAL9.297.626,191.496.169,7210.793.795,91
Plan Único 2024
Comarca Ferrolterra-Ortegal
ConcelloPOS+ /2024((POS+ Social)TOTAL
(A)(B)(A+B)
Ares260.599,5341.935,56302.535,09
Cabanas247.730,6739.864,71287.595,38
Capela (A)221.854,5535.700,73257.555,28
Cariño268.616,3943.225,63311.842,02
Cedeira423.098,4968.084,81491.183,30
Cerdido206.905,1033.295,07240.200,17
Fene447.600,3272.027,64519.627,96
Ferrol353.332,3256.858,07410.190,39
Mañón293.509,6847.231,44340.741,12
Moeche221.012,7235.565,27256.577,99
Monfero486.556,0078.296,37564.852,37
Mugardos254.951,7141.026,71295.978,42
Narón1.074.857,99172.965,651.247.823,64
Neda245.410,2439.491,30284.901,54
Ortigueira742.133,35119.423,76861.557,11
Pontedeume341.982,9255.031,73397.014,65
Pontes de Gª Rodríguez (As)898.018,99144.508,801.042.527,79
San Sadurniño363.738,8058.532,68422.271,48
Somozas (As)297.350,9347.849,57345.200,50
Valdoviño434.561,4169.929,42504.490,83
Vilarmaior190.122,8230.594,48220.717,30
TOTAL8.273.944,931.331.439,409.605.384,33
Plan Único 2024
Comarca de Santiago
ConcelloPOS+ /2024 (POS Social)TOTAL
(A)(B)(A+B)
Ames979.500,37157.620,751.137.121,12
Arzúa649.222,07104.472,52753.694,59
Baña (A)429.482,5768.468,46493.951,03
Boimorto353.501,1956.885,25410.386,44
Boqueixón391.540,6663.006,54454.547,20
Brión444.458,6971.522,09515.980,78
Dodro205.968,3633.144,33239.112,69
Frades359.754,1857.891,48417.645,66
Melide606.181,3897.546,43703.727,81
Mesía403.022,5364.854,20467.876,73
Negreira550.697,5488.617,99639.315,53
Ordes726.226,48116.864,03843.090,51
Oroso447.768,9072.054,77519.823,67
Padrón385.665,7162.061,15447.726,86
Pino (O)514.429,6982.781,79597.211,48
Rois424.135,0068.251,61492.386,61
Santa Comba786.970,70126.638,96913.609,66
Santiago de Compostela775.569,83124.804,34900.374,17
Santiso345.250,0955.557,49400.807,58
Teo709.089,56114.106,37823.195,93
Toques309.319,4849.775,55359.095,03
Tordoia439.160,9470.669,58509.830,52
Touro491.072,8079.023,21570.096,01
Trazo400.080,1964.380,72464.460,91
Val do Dubra434.499,6669.919,49504.419,15
Vedra357.799,3157.576,90415.376,21
TOTAL12.920.367,882.078.496,0014.994.863,88
Plan Único 2024
Comarca de Bergantiños-Costa da Morte
ConcelloPOS+ /2024 (POS Social)TOTAL
(A)(B)(A+B)
Cabana de Bergantiños416.250,6766.982,87483.233,54
Camariñas306.953,9949.394,89356.348,88
Carballo1.216.290,13195.724,851.412.014,98
Cee382.729,6761.588,68444.318,35
Cerceda446.155,9671.795,21517.951,17
Corcubión126.985,5620.434,46147.420,02
Coristanco573.354,6192.263,96665.618,57
Dumbría430.722,2669.311,63500.033,89
Fisterra245.368,8939.484,65284.853,54
Laxe242.892,4839.086,15281.978,63
Laracha (A)639.488,46102.906,19742.394,65
Malpica de Bergantiños351.316,4456.533,68407.850,12
Muxía495.390,9679.718,09575.109,05
Ponteceso459.990,3974.021,44534.011,83
Vimianzo669.849,91107.791,94777.641,85
Zas529.357,7085.184,00614.541,70
TOTAL7.533.098,081.212.222,698.745.320,77
Plan Único 2024
Comarca do Barbanza
ConcelloPOS+ /2024 (POS Social)TOTAL
(A)(B)(A+B)
Boiro691.533,99111.281,33802.815,32
Carnota320.503,6751.575,30372.078,97
Lousame357.217,9557.483,35414.701,30
Mazaricos590.765,2195.065,67685.830,88
Muros438.927,8270.632,06509.559,88
Noia472.436,5676.024,27548.460,83
Outes453.849,5373.033,26526.882,79
Pobra do Caramiñal (A)356.060,8357.297,15413.357,98
Porto do Son514.304,0082.761,56597.065,56
Rianxo452.359,0072.793,40525.152,40
Ribeira831.004,36133.724,84964.729,20
TOTAL5.478.962,92881.672,196.360.635,11
Cadro resumo
Comarca da Coruña10.793.795,91
ComaracaFerrolterra-Ortegal9.605.384,33
Comarca de Santiago14.994.863,88
Comarca Bergantiños-Costa da Morte8.745.320,77
Comarca do Barbanza6.360.635,11
Total POS+ 202450.500.000,00