A Deputación financia unha senda peonil entre Sisalde e Agro do Muíño

322

Unha senda peonil unirá Sisalde e Agro do Muíño, anunciou hoxe a Deputación da Coruña. O ente provincial indicou que o Concello financiará, con fondos do Plan Único, a construción. As obras están en fase de licitación na Plataforma de Contratación do Estado cun orzamento 134.596,95 euros.

O proxecto suporá a construción dunha senda de 750 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho en zahorra e formigón, que contribuirá a mellorar a seguridade peonil na zona. Incluirá un sistema de recollida de pluviais con 26 sumidoiros e a canalización para dotar á zona de alumeado público.

O proxecto contempla tamén a construción dun muro de bloques de granito de 120 metros de lonxitude e 1,50 metros de alto para a contención de terras, coa correspodente varanda metálica de protección.