A Deputación financiará 238 contratacións na provincia a través do PEL-PEMES

141

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a resolución de concesión das axudas á contratación de PEL-PEMES Creación e Ampliación do cadro de persoal e de PEL PEMES Mantemento do cadro de persoal das que se beneficiarán un total de 238 microempresas, pemes e persoas profesionais autónomas con domicilio fiscal en municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia.

A presente corporación, consciente da situación socioeconómica actual, marcada pola pandemia ocasionada pola COVID-19 decidiu suplementar o crédito destinado a estas convocatorias e conceder todas as axudas solicitadas a aquelas empresas que cumprisen os requisitos esixidos nas bases reguladoras. De aí que, finalmente no caso de PEL PEMES Creación e Ampliación o crédito inicial de 2 millóns de euros se vise incrementado para poder conceder axudas a 182 empresas, que supoñen un total de 2.248.264,31 euros; e no caso de PEL PEMES Mantemento o crédito de 500.000 euros se suplementase superando os 516.368,20 euros necesarios para conceder a axuda as 56 empresas solicitantes que cumprían todos os requisitos.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destaca que “o obxectivo do PEL é fomentar a creación de emprego estable e de calidade, especialmente nos concellos máis pequenos e rurais da provincia”.

Listaxe de empresas beneficiarias

Listaxe empresas beneficiarias mantemento persoal