A Deputación licita unha senda peonil en Biduído

139

A Deputación da Coruña acaba de publicar a licitación das obras da construción dunha senda peonil na parroquia de Biduído cun orzamento de case 134.000 euros. Poden presentarse empresas ata o 6 de novembro. A actuación desenvolverá un itinerario peonil continuo e segregado de case 330 metros de longo, cunha anchura de dous metros. Ademais, construirá unha superficie de estacionamento entre a senda e a estrada.

As actuacións completaranse coa colocación dunha varanda modular en aceiro inoxidable para a contención dos peóns e catro bancos formados por dous dados de pedra granítica e asento en listóns de madeira.