A Deputación mantén o obxectivo dun 1% dos orzamentos para hostalería

168

As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra manteñen esta tarde, na reunión convocada polo Clúster de Turismo de Galicia, a súa proposta de achegar o 1% dos orzamentos das administracións galegas en 2021 a un fondo común de rescate da hostalaría e instarán á Xunta a “chegar tamén a este 1% hostaleiro”. As institución provinciais cren que a rectificación do Goberno galego, que anuncia agora un incremento da súa achega ata os 75 millóns “pola presión do mundo local e do propio sector”, segue sendo insuficiente porque representa só o 0,64% dos 11.663 millóns de orzamento da administración autonómica.

Á proposta das Deputacións véñense sumando publicamente nos últimos días cidades e vilas galegas como a Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo ou Lugo.