A Escola Municipal de Música de Ames comeza o ano cunha nova materia

151

A Escola Municipal de Música de Ames explicou hoxe que neste comezo do ano entra a formar parte do programa unha nova materia, Harmonía Moderna. Nestas aulas, o alumnado estuda os acordes, os elementos fundamentais que interveñen na construción do discurso musical.

Dende a Escola aseguran que “traballaremos dende o xogo e a experimentación, en contacto co noso instrumento e as nosas inquietudes, dirixindo a teoría cara á práctica”. “Falaremos destes acordes e a sua relación sonora cas escalas que representan a melodía , da tonalidade, das áreas tonais e os modos actuais”, engaden.

A Escola convida ao alumnado que queira aprender a compor ou improvisar melodías a non perder esta materia.