A Garda Civil investiga un home no Milladoiro pola “estafa da estampa”

187

Un home natural de Cáceres foi investigado pola garda Civil do posto do Milladoiro, xunto co Equipo Roca do corpo en Ferrol, como presunto autor dunha estafa da modalidade da estampa. O pasado mes de abril, no mesmo Milladoiro, o investigado e mais unha muller estafaron 700 euros a unha persoa de 82 anos.

Durante a investigación, a Garda Civil axudouse de cámaras de vídeo que gravaron os lugares próximos para identificar os autores. Estas persoas trasladábanse ata Galicia para levaren a cabo estes actos delictivos dificultando a posterior identificación. As dilixencias instruídas remitíronse ao Xulgado de Garda de Santiago de Compostela.