A Garda Civil puxo a disposción do Xulgado de Santiago a investigación dun veciño do Milladoiro por suposto maltrato animal

106

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil en colaboración coa Policía Local de Ames, investigou a un home como presunto autor dun delito de malos tratos animais e abandono.
Os feitos ocorreron por mor da comunicación por parte daComunidade de Propietarios de veciños onde residía o agorab investigado, dun posible abandono dun animal no interior dunha vivenda, levaban meses que oían berrare chorar a un can e non vían ao propietario polo edificio.
O SEPRONA comprobou que o animal se atopaba falto de manutención,
custodia e vixilancia. Estaba en estado de caquexia severa e deshidratación no momento da súa exploración dificultando o seu estado a liberdade de movementos, en condicións hixiénicas desfavorables, uñas extremadamente longas e curvadas e cúmulo de feces.
O can, unha femia pertencente a unha raza potencialmente perigosa,
estaba sometido a un sufrimento inxustificado, agravándose o seu estado
de saúde co trascurso do tempo, correndo risco para a súa vida ao non recibir os coidados necesarios. Por tales feitos A Garda Civil procedeu á aprehensión cautelar do cánido para garantir a súa
supervivencia.
Destacar que o suposto propietario do animal fora proposto para sanción polo SEPRONA hai dous anos por carecer o animal de identificacióna través do microchip, licenza para a tenencia de animais
potencialmente perigosos e seguro de responsabilidade civil obrigatorio.
Na data da aprehensión do animal continuaba coas mesmas irregularidades feitos que serviron para constatar que se trataba do mesmo animal e comprobar o detrimento do estado de saúde.
A Garda Civil procedeu á investigación do propietario e as actuacións realizadas, foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución de Santiago de Compostela.