A II Carreira de Orientación do Concello de Ames disputarase o sábado 15 en Bertamiráns

149

A área deportiva de Bertamiráns acollerá a II edición da carreira de orientación do Concello de Ames, organizada pola Concellería de Deportes a través de Xesta Natureza. Haberá tres categorías segundo idade e nivel de coñecementos de orientación, e a participación estará aberta a grupos ou deportistas individuais. As inscricións son de balde e pódense facer premendo nesta ligazón.