A intensa choiva non puido coas ganas de Nadal en Bertamiráns

205

O acendido do alumeado público de Nadal pasado por auga non amedrentou ao milleiro de pais e nais, avós e avoas que levaron aos seus nenos a ver o acendido das luces de Nadal de Bertamiráns. Animados polo magnífico recendo dos churros e o chocolate, a veciñanza agardou unha longa cola baixo a choiva, pero parece que valía a pena. O alcalde, Blas García, varios concelleiros e concelleiras socialistas e os portavoces de Podemos Genma Otero, e do BNG, David Santomil.