A licitación o saneamento e abastecemento en Lens

137

A Xunta de Goberno de Ames aprobou o expediente de contratación para as obras de saneamento e abastecemento do lugar de Lens, na parroquia homónima. A licitación ten un orzamento próximo aos 800.000 euros, dividido en dúas anualidades de 2023 e 2024.

A ampliación da rede de abastecemento substituirá as traídas veciñais e os pozos particulares. A maioría destes carecen de control sanitario e de mantemento. Rematarán coas fosas sépticas particulares e as verteduras incontroladas. A rede de saneamento terá case 1 quilómetro e medio de canalización. Executaranse 55 pozos de rexistro. Ademais, o proxecto inclúe case catro quilómetros de abastecemento de auga e obras na rede de pluviais.