A loita das mulleres contra o patriarcado, inmortalizada na Casa da Cultura do Milladoiro

399

Rematou a edición do Delas Fes que Ames acollía do 3 ao 9 de setembro. A pegada máis visible será o mural que a artista uruguaia Fitz Licuado pintou na parte traseira da Casa da Cultura do Milladoiro, que representa a loita das mulleres contra o patriarcado. Para a elaboración da obra, a artista reuniuse con varias mulleres do Milladoiro das que tomou inspiración. Así, a obra final serve como unha reivindicación da forza “da sororidade entre mulleres fronte ás cargas que o patriarcado impón e impuxo ao longo da historia”, a través da representación de varias figuras inspiradas en mulleres do municipio, fotografadas pola artista antes de iniciar o mural, que sosteñen a metade do ceo, coma escribiu Xohana Torres. O mural recolle a frase da poetisa: “As mulleres sosteñen a metade do ceo”.

Ademais, o equipo de 7H Cooperativa Cultural, organizadores do evento, impartiu o pasado sábado, 5 de setembro, un obradoiro de arte urbana con spray no parque de Correos, no Milladoiro. O Delas Fest é o primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa, que por segundo ano visitou Ames.