A multipremiada “As bestas” proxéctase mañá en Ames

239

O martes 18 proxéctase no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro “As bestas” dentro da iniciativa “Abril de cine” pola que o Concello trae a Ames varias películas galegas e españolas. Nesta ocasión a película escollida é “As bestas”, gran triunfadora da última edición dos Goya. Será ás 20h. As entradas pódense adquirir online.

Dirixida por Rodrigo Sorogoyen e libremente inspirada en feitos reais – o afamado crime de Santoalla-, conta como a chegada dunha parella francesa a unha case deshabitada aldea inicia unha disputa veciñal que remata en traxedia. No filme, Antoine e Olga instálanse no interior de Galicia, onde levan unha vida tranquila a pesar da complicada convivencia cos lugareños, ata que, un día, un conflito cos irmáns Anta pola venda dunhas terras precipita os acontecementos.