A nova directiva da asociación cultural A Maía reúnese co Concello

43

A asociación cultural A Maía, que escolleu recentemente nova xunta directiva e protagoniza unha das reportaxes destacadas do mes de xuño na Revista AMSGO, vén de manter un encontro con representantes do Concello. A xuntanza permitiu darse a coñecer e intercambiar información sobre as necesidades de mellora do local da antiga escola unitaria de Bugallido. Tamén se valorou a a posibilidade de organizar novas actividades culturais na parroquia e posibles colaboracións.

Por parte do Concello acudiron a concelleira de Cultura e Comunicación, Natividade González, o concelleiro de Educación, David Santomil, e maila concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín. Por parte dos veciños, estivo presente entre outros o presidente do centro cultural A Maía, Kristian Nieto.

 Dende a asociación piden a colaboración do Concello para organizar un acto conmemorativo polo centenario, o vindeiro outubro, do local da Sociedade Agraria.

Kristián Nieto amosouse satisfeito “pola boa disposición mostrada polos representantes do Goberno municipal”. Os concelleiros salientaron a aposta do Concello polo asociacionismo e dar un pulo a estas entidades.