A oficina de software libre de Ames axuda a aforrar no recibo da luz

133

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) organiza xunto coa área de Benestar Social do Concello unha xornada no Milladoiro na que as persoas asistentes aprenderán a entender as facturas da luz e formas para aforrar nas casas e negocios. Será no local do antigo centro de saúde na rúa Agro do Medio, 8, o sábado 16 entre as 11 da mañá e a 1 do mediodía. A inscrición pódese realizar online. Será a primeira de varias novas actividades de formación en novas tecnoloxías e outras cuestións de interese. 

O ano pasado a Oficina desenvolveu catro actividades de formación e divulgación de tecnoloxías de software libre, incluíndo dous obradoiros sobre a posta a punto, reciclaxe e instalación de computadores, outro sobre a seguridade dixital básica e un taller de iniciación á reparación e reciclaxe de altofalantes.