A Oficina de Voluntariado de Ames organiza unha excursión á Fortaleza de Valença

180

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), dependente da Concellaría de Benestar Social, está a organizar unha excursión á Fortaleza de Valença do Minho, en Portugal, que terá lugar o vindeiro mércores, 1 de febreiro. A actividade está dirixida a persoas maiores de 60 anos, e os interesados en inscribirse xa poden facelo, ata o 26 de xaneiro, chamando aos números 683 18 63 44 ou 662 37 70 44. O custo é de 25 euros e inclúe xantar e desprazamento.