A patinadora Antía Lourido, do club Ágora, clasifícase para o Campionato Nacional de Patinaxe Artística

388

Antía Lourido Villasenín, do club Ágora,  conseguiu a terceira posición no Campionato Galego de Patinaxe Artística libre que tivo lugar a pasada fin de semana en Ribeira. A patinadora amesá clasificouse  no Campionato de España que terá lugar os días 1 e 2 de xullo en Tarragona. Ata a cidade catalana desprazarase coa súa adestradora, Carla Iglesias Del Salvador ,e os demais membros da Federación Galega.