A senda peonil entre Lapido e Maguxe será rematada en breve

164

O Concello de Ames está a construír unha senda peonil entre os lugares de Lapido e Maguxe, na parroquia de Ortoño. As obras inclúen a creación de dous treitos de formigón nas dúas marxes, de 950 e 230 metros, cunha anchura de case dous metros.

O alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, visitou as obras xa rematadas nos interiores e accesos ás Cortes e Ortoñiño, e mais esta obra de senda peonil. O investimento nestes proxectos de seguridade peonil superan os 354.000€.

O alcalde Blas García destacou “o traballo realizado dende o Concello por mellorar a seguridade peonil no rural e para facer que os nosos núcleos sexan lugares atractivos para vivir. Ademais, avanzamos co Plan Ames Progresa, co que seguimos coas actuacións nas vías e infraestruturas do rural”.