A sexta edición do DéporCampus terá lugar entre o 12 e o 16 de xullo

0
41

A casa do Concello acolleu esta mañá a presentación da sexta edición do DéporCampus de fútbol. Este ano, a iniciativa, dirixida a nenos e nenas de 6 a 14 anos, desenvolveranse entre os días 12 e 16 de xullo no campo de fútbol municipal de Bertamiráns. As inscricións poden realizarse, a través desta ligazón,  ata ás 12.00 horas do 8 de xullo. Ofértanse 60 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.

No Deporcampus desputaranse partidos, traballaranse situacións básicas de aprendizaxe, rondos básicos e xogos de posición. Ademais, o RC Deportivo quere continuar a labor de transmisión de valores como o respecto, a amizade e a solidariedade, que o propio Bertamiráns FC e outros clubs de base transmiten aos seus xogadores e xogadoras no día a día. Este campus tamén inclúe actividades lúdicas.

A presentación contou coa presenza da concelleira de Deportes, Susana Señorís, o director dos Depor Campus, Pablo Barros e o secretario técnico de fútbol base do Bertamiráns FC, Sergio Penas. Pablo Barros, explicou que “este ano xa disfrutaremos desa instalación nova para levar a cabo este tipo de actividades con todas as facilidade e esperamos poder repetir as cifras do ano pasado, que foi todo un éxito”. O secretario técnico de fútbol base do Bertamiráns FC, Sergio Penas, mostrou a súa ledicia sinalando que se trata dun “honor” realizar o convenio co DéporCampus. “Esperemos que sexa un novo éxito, tras o do ano pasado, que foi a edición na que máis neno/as houbo. Polo que sabemos, os pais e nais están moi interesado/as en volver a repetir”, asegurou.

A edil de Deportes lembrou que “este campus xa se leva facendo dende fai varias temporadas” e “o deporte é algo moi importante para todos e todas, non só son xornadas de adestramento senón que se fomentan valores como a amistade, a solidaridade, o esforzo ou o traballo en equipo. Durante esas horas, o/as paces e rapazas, a parte de fomentar a práctica do deporte, están rodeados de amigos e se lles facilita aos pais e as nais unha conciliación”.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here