A subdelegada do Goberno na Coruña visita as instalacións da Garda Civil no Milladoiro

303

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e mailo alcalde de Ames, Blas García, presidiron esta mañá a Xunta Local de Seguridade, unha reunión na que se realizou un balance sobre os efectivos das forzas e corpos de seguridade. Tamén se analizaron os datos sobre seguridade no exercicio 2021 e do primeiro cuadrimestre de 2022 e se realizou unha análise da situación sobre os casos de violencia de xénero en Ames. Precisamente, antes da Xunta Local de Seguridade, tanto Blas García como María Rivas visitaron, acompañados do coronel xefe da Comandancia da Guarda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina, as instalacións do Cuartel da Garda Civil do Milladoiro, onde no pasado mes de xaneiro comezou a traballar un equipo especializado da Guardia Civil na loita contra a violencia de xénero. Neste senso, a subdelegada do Goberno explicou que a Guarda Civil abriu na provincia dez novas unidades para o tratamento integral dos casos de violencia machista.