A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 17 de xaneiro en Bertamiráns

234

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 17 de xaneiro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 09:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, trabállase con cita previa para regular a afluencia de doantes, evitando esperas. A cita previa pódese solicitar chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes. Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos… Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.