A Xunta pecha Ames ata o martes

597

A Xunta anunciou hoxe que pechará as sete cidades galegas e varios concellos con incidencia alta como Ames, e prohibirá dentro de todos estes municipios as xuntanzas entre persoas non conviventes. Esta decisión tómase ante o aumento de casos nesta segunda vaga da pandemia e pola posibilidade de grandes desprazamentos aos cemiterios no Día de Defuntos. A medida cínguese á fin de semana e significa a restrición de movementos para un millón de galegos.

Nin en todo Ames nin en Teo poderá haber, como xa acontecía en Santiago e no Milladoiro, reunións entre persoas non conviventes. Tampouco se poderá entrar nin saír do concello salvo forza maior, pero si poderá viaxarse entre Teo, Santiago e Ames.

A medida entre en vigor ás 15h de hoxe e manterase ata a súa revisión o próximo martes.