O prazo de inscrición para participar na segunda quenda dos cursos de natación organizados polo departamento de Deportes do Concello de Ames para este verán están abertos ata o 21 de xullo. Esta quenda terá lugar durante o mes de agosto, de luns a venres, nas piscinas municipais ao aire libre do Milladoiro e Bertamiráns. As inscricións deben ser tramitadas a través da plataforma Cronos.