Ata o venres 22 de xullo está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Setembro Lúdico”, que se desenvolverá este ano nos días 1, 2, 5, 6 e 7 de setembro. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con crianzas escolarizadas no curso 2022/2023 no segundo ciclo de Educación Infantil, agás os nenos e nenas de 4º ou en Primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días
As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da Sede electrónica. Pódese obter o impreso de inscrición premendo nesta ligazón