Aberto o prazo de inscrición no Entroido Lúdico de Ames

49

O Concello de Ames informou hoxe de que xa se atopa aberto o prazo de inscricion no programa de conciliación Entroido Lúdico. Continuará aberto ata o luns 23 de xaneiro. O servizo desenvolverase os días 20, 21 e 23 do vindeiro mes de febreiro.

Poden participar neste programa familias empadroadas no municipio, cuxos nenos e nenas se atopen escolarizadas no segundo ciclo de Infantil ou en Primaria, e teñan necesidade de conciliar. O horario do programa será entre as 7:30 da mañá e as 4 da tarde, incluíndose os servizos de comedor e Bos Días.