Aberto o prazo de preinscrición para novo alumnado na Escola Municipal de Música

198

A Escola Municipal de Música de Ames abre o prazo de preinscrición para o curso 2021-2022 do 13 ao 23 de setembro, segundo informou o Concello. O modelo de solicitude pode descargarse online e entregarse a través de Sede Electrónica. As prazas adxudicaranse nun sorteo o día 27 ás 10 da mañá na Casa da Cultura do Milladoiro. Posteriormente, e ata o 4 de outubro, poderán confirmar aqueles alumnos que obtiveran praza, pagando o importe da matrícula. Recibirán por email a folla de autoliquidación da taxa. Unha vez pagada, deberán entregar o xustificante do pagamento por correo-e a esscolademusica@concellodeames.gal.