Aberto o prazo para que os comercios e locais de hostalería se sumen á campaña de tarxetas desconto “Bonos Consuma” de Ames

98

O venres 8 de decembro péchase o prazo para que os comercios, bares e restaurantes se inscriban no programa de tarxetas desconto deste ano impulsado polo Concello de Ames, que leva o nome de Bonos Consuma. Este ano a campaña terá un vlor de 61.000 euros en bonos de 50 €. POderán benficiarse deles todas as persoas que o desexen, residan ou non en Ames.

Os establecementos interesados poden inscribirse antes do día 8 na web da campaña. Haberá un adhesivo de acreditación que os identifique no escaparate.

O valor do bono irase reducindo segundo o valor da compra realizada. Deste modo, haberá descontos de 5 euros en compras por valor de entre 10 e 30 euros. Nas compras ata 50 euros, o desconto será de 10. Nas superiores a 50, o desconto chegará aos 15 euros.

O obxectivo desta campaña é convidar ás persoas que adquiran os bonos a facer as compras e consumicións de Nadal (agasallos, xantares, ceas…) en establecementos do municipio.

Este ano destinaranse, en convenio con Abanca, un total de 80.000 euros aos Bonos Consuma. A maior parte deses fondos vaise destinar a axudas directas para a adquisición dos bonos, pero unha parte está destinada a sufragar dúas das novidades máis importantes desta convocatoria: a creación da páxina web e a aplicación móbil.