Aberto o prazo para apuntar á rapazada no Nadal Lúdico

556

Ata fin de mes queda tempo para apuntar a nenas e nenos no programa de conciliación familiar do Concello de Ames para o Nadal

A concellería de Cultura abre o prazo de inscrición do programa de conciliación familiar Nadal Lúdico. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, en horario de 7:30h a 16:00 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 31 de outubro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude e as bases dos lúdicos.