Aberto o prazo para as matriculas dos campamentos de verán municipais

Este luns, 22 de maio, abre o prazo para formalizar a matrícula nos campamentos municipais de verán. Os pais e nais cos nenos/as admitidos nesta actividade deberán facer efectiva a súa matrícula nos campamentos de verán seleccionados.

366
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Os pais e nais cos nenos e nenas admitidos nesta actividade deberán facer efectiva a súa matrícula nos campamentos de verán seleccionados

Este luns, 22 de maio, abre o prazo para formalizar a matrícula nos campamentos municipais de verán. Os pais e nais cos nenos e nenas admitidos nesta actividade deberán facer efectiva a súa matrícula nos campamentos de verán seleccionados, cubrindo o impreso para tal efecto e axuntando a documentación que se solicita nas bases dos campamentos. Os impresos de matrícula pódense recoller no departamento de Medio Ambiente, na Casa do Concello, e nas Oficinas xerais do Milladoiro, mentres que o modelo de autoliquidación enviaráselle por correo electrónico ás persoas que así o solicitaron e o resto terán que recollelo na oficina de recadación municipal de Bertamiráns, situada na praza Horta de Abaixo, número 6, local 18.

Este ano inclúense novos campamentos e ao igual que na edición anterior ofértase un campamento que se desenvolverá a finais do mes de agosto e comezos de setembro. Tamén, por segundo ano consecutivo, se volve a ofertar unha actividade para os rapaces e rapazas de 4º de ESO a 2º de bacharelato. Ademais, para o mes de xullo ofértase unha nova edición do campamento urbano de verán que se desenvolve nas instalacións da Aula da Natureza. Deste xeito, este servizo está dirixidos ás etapas de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato.