Abre o prazo para solicitar o carné das piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro

208

O luns 22 de maio abriu o prazo para solicitar os carnés de usuario das piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro, segundo anunciou hoxe o Concello de Ames. As persoas interesadas poden baixar o documento da solicitude dende a web e envialo cuberto a deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. O prezo dos carnés está entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada solicitante. As piscinas abrirán entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, de 11h a 21h. O prazo de solicitude pecha o 14 de agosto.