Abre o prazo para solicitar permiso para realizar cacharelas na noite de San Xoán 2024

67

As solicitudes deberán ser presentadas:

  • Para espazos públicos: desde o 5 ao 17 de xuño de 2024, ás 13:30 horas.
  • Para espazos privados: desde o 5 ao 21 de xuño de 2024, ás 13:30 horas.

Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse preferentemente por rexistro telemático, a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén se poderá facer acudindo ás Oficinas de asistencia en materia de rexistro sitas en Bertamiráns e no Milladoiro, sen necesidade de solicitar cita previa.

Para dispor de máis información sobre as normas e recomendacións a ter en conta para facer cacharelas e sardiñadas podes consultar o bando municipal aprobado pola Alcaldía. O cumprimento das normas respecto ás cacharelas será comprobado pola Policía Local e/ou corpos e forzas de seguridade.