Abre o prazo de renovación para o programa municipal de psicomotricidade educativa

A concellaría de Educación e Cultura acaba de abrir o prazo para renovar praza ou realizar a preinscrición no programa de psicomotricidade educativa e preventiva que se vai desenvolver tanto en Bertamiráns como no Milladoiro.

536

Esta actividade, que está dirixida aos nenos e nenas de 3 a 6 anos

A concellaría de Educación e Cultura acaba de abrir o prazo para renovar praza ou realizar a preinscrición no programa de psicomotricidade educativa e preventiva que se vai desenvolver tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. Todos os pais e nais que desexen apuntar os seus fillos e fillas as nesta actividade para o vindeiro curso deberán renovar praza ou formalizar a preinscrición entre o 16 e o 24 de maio. Os nenos e nenas que sexan admitidos ou admitidas terán que formalizar a matrícula entre o día 21 e o 30 de xuño.

Esta actividade, que está dirixida aos nenos e nenas de 3 a 6 anos (etapa de educación infantil), desenvólvese nas aulas de psicomotricidade dos colexios de infantil, en Bertamiráns no CEIP A Maía e no CEIP Agro do Muíño, e no Milladoiro na escola infantil desta localidade. A actividade levarase a cabo cunha periodicidade dunha sesión semanal, cunha duración dunha hora, o longo do curso escolar. O obxectivo xeral que se persegue co programa de psicomotricidade educativa preventiva é favorecer o desenvolvemento do neno e nena.