Abren as novas pistas de pádel e baloncesto en Bertamiráns

407

Dende a Concellaría de Deportes infórmase de que trala actualización das medidas de restrición pola Covid-19 do pasado 26 de febreiro, que permiten a práctica deportiva en pistas ao aire libre, procedeuse a abrir as novas pistas de pádel e baloncesto que están situadas na área deportiva de Bertamiráns. Estas pistas foron recepcionadas por parte do Concello no pasado mes de xaneiro. Nas obras, que foron sufragadas con cargo ao POS+ 2019, investíronse 144.303,27 euros. Dentro do mesmo proxecto realizouse tamén a reforma de dous vestiarios, un para homes e outro para mulleres, no interior do pavillón municipal. A reserva da pista de pádel pódese facer de xeito online a través do programa Cronos.