Acabadas as obras de iluminación da senda entre Bertamiráns e o Agro do Muíño

236

A senda peonil entre o CEIP Agro do Muíño e o núcleo de Bertamiráns xa conta con iluminación pública. O Concello instalou trinta e unha luminarias LED na estrada que une a estrada da Condomiña con Agro do Muíño, nunha actuación que busca favorecer a mobilidade segura a pé e en bicicleta dentro do concello. As obras custaron arredor de 30.000 euros, cofinanciados polo Fondo Desenvolvemento Sostible ao 80%.

O seguinte paso nesta actuación de mobilidade será o desenvolvemento dun carril bicicleta que irá pegado á senda existente, ata o enlace de subida ao lugar das Cortes (Ortoño). Esta vía unirá de forma sostible Bertamiráns e o CEIP Agro do Muíño.